Lar de Unta

Lar de Unta é a asociación cultural que dende o ano 1999 leva traballando por dinamizar a vida cultural e social de Betanzos desde un punto de vista popular e aberto á cidadanía.

O noso local social da Rúa Pescadería demostra a nosa aposta polo Casco Histórico de Betanzos e por implicarse en todo o que teña que ver coa recuperación desta zona da nosa vila.

A defensa da língua e a cultura do noso pais, o respecto ao medio ambiente e a igualdade entre as persoas con independencia das súas orientacións son os eixos da nosa vida societaria dende a súa fundación.

Visitanos: 
    

 

Gastronomía: Gran Tripada

27/04/2024 — 14:30 h GRAN TRIPADA A Asociación Lar de Unta organiza para o vindeiro mes de abril unha gran tripada aberta a socios (con preferencia)  e non socios. O aforo máximo como sempre, será de 50 persoas. O custo será de 9 euros por persoa e as datas límite para apuntarse será o 05 … Ler máis “Gastronomía: Gran Tripada”

Xurxo Souto: O Método Luisa Villalta – Presentación e Sesión Vermú

Domingo 28/04/2024  — 12:00 h. SESIÓN VERMÚ DE PRESENTACIÓN DO LIBRO O domingo 28 de abril, ás 12:00 h celebraremos unha sesión vermú coa presenza de Xurxo Souto presentado o seu libro “O Método Luisa Villalta”. Este libro enmárcase nas conmemoracións polo día das letras galegas da Asociación Lar de Unta e consistirá nunha presentación, … Ler máis “Xurxo Souto: O Método Luisa Villalta – Presentación e Sesión Vermú”

50 Aniversario Revolución dos Craveis – Cineclube – 25 minutos de uma revoluçao

Xoves 25 de abril de 2024 — 19:30 h Local de Lar de Unta Como lembranza e homenaxe á “Revolución dos Caraveis” de 1974 en Portugal, o Cineclube da Asociación Lar de Unto organiza a proxección do documental “25 minutos de uma revoluçao”. Esta revolta abreu a porta ao cambio en toda a península ibérica … Ler máis “50 Aniversario Revolución dos Craveis – Cineclube – 25 minutos de uma revoluçao”

Cineclube: “Eyes Wide Shut” de Kubrick

Mércores 24/04/2024 — 19:00 h Local de Lar de Unta Continuamos co ciclo de cinema polo 25 aniversario do Lar de Unta co último  filme de Stanley Kubrik “Eyes Wide Shut”, presentado en 1999, ano da morte do director. Tras o mesmo celebraremos o habitual coloquio e lembraremos a figura do director, un dos posuidores … Ler máis “Cineclube: “Eyes Wide Shut” de Kubrick”