CINECLUBE: O ACORAZADO POTEMKIN – XOVES 5 ÁS 19.30 h

O ACORAZADO POTEMKIN – XOVES 5 ÁS 19.30H

Este xoves 5 iniciamos o ciclo de cine social coa proxección da película “O Acorazado Potemkin” (1925) do afamado director Sergui Eisenstein, cun coloquio posterior entre os participantes.

O acoirazado Potemkin (ruso: Броненосец «Потёмкин», Bronenosets Potyomkin) é un filme mudo soviético de 1925 dirixido por Sergei Eisenstein e producido por Mosfilm. Foi unha película de encarga para conmemorar os vinte anos da infrutuosa revolución de 1905.

O filme ten por base feitos reais que sucederon no porto de Odesa en 1905, os mariñeiros do Potemkin reveláronse contra os seus oficiais polos continuos maltratos. Cheo de imaxes expresivas cunha forte sensibilidade estética que está ao servizo dun significado político: O acoirazado Potemkin representa a magnificación da figura das masas formada por homes conscientes e as causas colectivas que poden transformar o mundo

Considerado un dos máis influentes de todos os tempos, Eisenstein foi precursor no uso de efectos especiais, usou contrastes e relacións de corte e montaxe que aínda hoxe serven como base para a realización de filmes, unha das súas escenas converteuse nunha das máis famosas do cine, é o momento no que os cosacos disparan contra o pobo para que rematasen o seu apoio aos rebeldes, nese momento unha bala alcanza unha nai que corría cun carriño de bebé que cae escaleiras abaixo ao morrer a nai.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad