O Cine Clube Lar de Unta programa para este mes a película CAMILO, O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA. Será na quinta feira, xoves 21 de novembro no LAR DE UNTA rúa Pescadeía 3 de Betanzos e con entrada de balde.. Unha nova proposta de cinema de calidade feito en Galiza e coa posibilidade de interactuar con autores/as das obras audiovisuais. Neste caso un traballo de fin de carreira da UDC valorado con un sobresaínte e diversos prémios e excelentes valoracións da crítica. O 21 estarán con nós Alba Sánchez (Directora), José Pirola (fotografía) e Miguel García (Guionista) para o coloquio posterior ao pase da película. Camilo: o último guerrilleiro de Galicia é un documental interactivo que expón a vida de Camilo de Dios, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia. A través da súa historia pretendemos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade. Unha visión da história recente da posguerra e da represión franquista desde a visión dun dos protagonistas da loita contra a dictadura: Camilo de Dios. Máis info en: www.oultimoguerrilleiro.com