DÍA 19/10/2023 — 19:30 H
PROXECCIÓN DO FILME “A BATALLA DE ALXER” de Gillo Pontecorvo
Dentro do ciclo de cinema social proxectamos esta semana a película de Gillo Pontecorvo “A Batalla de Alxer”. Como sempre haberá un coloquio a continuación da proxección.
A Batalla de Alxer ( La battaglia di Algeri ) é unha película italo-arxelina de 1966 sobre a Guerra de Independencia de Alxeria . Foi dirixida por Gillo Pontecorvo, que tamén participou no guión e na música (neste último aspecto, asesorado polo mestre Ennio Morricone). Os personaxes principais estaban representados por Brahim Hadjadj, Jean Martin e Yacef Saâdi.
A película sería galardoada con importantes premios internacionais de cine1, a pesar de ter diversas polémicas no seu momento.
Argumento
Ali La Pointe (Brahim Hadjadj) é un ladrón analfabeto con longos antecedentes penais, que se gaña a vida nas rúas de Alxer como traficante de proxectís. Tras ser detido, durante un dos seus ingresos en prisión contemplou dende a fiestra da súa cela a execución dun preso vencellado ao nacionalismo alxerino. Este feito fai que tome conciencia da opresión colonial francesa de Alxeria, e decide alistarse tras a súa fuxida na Fronte de Liberación Nacional, acabando sendo, ao final da película, un dos seus principais dirixentes.
A trama comeza ao final, situando a acción o 7 de outubro de 1957, de onde parte unha longa análise que reflicte a conciencia do personaxe principal e a súa implicación no movemento nacionalista alxerino.