Cineclube : “Memoria do Desenvolvimento” de Tomás Gutierrez Alea

CINECLUBE. XOVES 16/11/2023 — 19:30 h

O cineclube Lar de Unta proxectará o vindeiro xoves 16 de novembro, dentro do ciclo de cinema social, a película do directos cubano Tomás Gutierrez Alea: “Mermoria do Desenvolvimento” (1968).

“Memorias del subdesarrollo”  foi o primeiro filme cubano que se exhibiu nos Estados Unidos despois da Revolución. Baseado na novela de Edmundo Desnoes, o filme mostra a vida intelectual dun burgués de moral ambigua na Habana no período de tempo entre a invasión da baía de Cochinos e a crise dos mísiles. O protagonista está pouco disposto a tomar unha postura política unidireccional, e con todo continúa a rexeitar o país que o rodea que se está volvendo do revés e subdesenvovido. A súa vida descolórase no nihilismo, converténdose nunha personalidade que non ten ningún papel na nova Cuba.

Aínda que a crítica da sociedade revolucionaria e do individuo cubano estaba no fondo non só de Memorias del subdesarrollo, senón de todos os seus traballos, Gutiérrez Alea non deixa de ser un partidario dedicado do socialismo cubno, escapandonos seus films da mera propaganda.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad