Estimadas socias e socios,
como todos os anos a nosa Asociación se suma á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS que se celebra en mais de 100 vilas de Galicia.
No noso caso sumámonos á campaña a traverso do material e a campaña local BETANZOS EN NEGRO, vestimos o noso local cos carteis doados polo concello e ademais covocamos pola presente a sacarse unha foto de grupo todos os socios o vindeiro sábado 23/11/2019 no noso local ás 13.00 horas.
Dado que só temos 8 camisetas aportadas como material, aquelas persoas que dispoñan dunha sería convinte que a levasen ese día.
O luns o Concello de Betanzos convoca na praza do Concello unha concentración ás 12.30 horas na praza do Concello para quen poida asistir.
Anímate a fotografiármonos todas e todos.
“Betanzos en negro”.
Propoñémosvos vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Betanzos, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadania a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Betanzos libre de violencias machistas!
Esta campaña desenvolverase conxuntamente con máis dun centenar de vilas e cidades galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cidadanía.