Cineclube: “Chovendo Pedras” de Ken Loach

Xoves 21/12/2023 —  19:30 h.

Local de Lar de Unta

O Xoves 21 de decembro ás 19:30 o Cine Clube Lar de Unta programa dentro do ciclo de Cinema social o filme ‘Chovendo pedras’ de Ken Loach. A entrada será gratuita e posteriormente terá lugar un coloquio entre os asistentes.
Rúa Pescadería 3 Betanzos.

SINOPSE:
Orgulloso, agora pobre, Bob (Bruce Jones) quere que a sua nena leve un belo (e caro) vestido novo para a Primeira Comunión. A sua teimosia e determinación colocano en apuros, el revelase contra as medidas cada vez mais questionabeis, no seu desespero para conseguir os cartos necesarios para o vestido. Este feito traxico o levao a arriscar todo o que el ama, os seus valores, a sua amada família, ou até mesmo a sua alma imortal e sua salvación, na busca cega dese obxetivo.

Ken Loach

(Kenneth Loach; Nuneaton, Warwickshire, 1936) Director de cine británico, autor de títulos como Axenda oculta (1990), Terra e liberdade (1995) ou O meu nome é Joe (1998), nos que plasmou as suas inquedanzas político-sociais con unha forte componente de denuncia. Realizador herdeiro do Free Cinema, a sua obra incideu particularmente na situación das clases máis desfavorecidas do Reino Unido, sobre todo dende o ascenso ao poder de Margaret Thatcher.

Ven de estrear o que anunciou será o seu derradeiro filme, O vello roble arredor do paro numa vila do Norte de Inglaterra e os problemas de integración de refugiados sírios.

Ken Loach é considerado un dos directores de cinema máis comprometidos e rebeldes. Levou a Palma de Ouro do Festival de Cannes e duas ocasións.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad