Día 21/02/2024 — 19:00 h.
Local de Lar de Unta
Nesta nova xornada de Cinema teremos a segunda película mais taquilleira de 1999: “O Sexto Sentido”.
Este mércores proxectarase O SEXTO SENTIDO.
O cine Clube Lar de Unta organiza un ciclo de filmes estreados en 1999 (hai 25 anos) para comemorar o cuarto de século de existencia da Asociación cultural, xuvenil, desportiva e gastronómica LAR DE UNTA. Entre os numerosos actos deste ano, o cine clube da entidade tamén aporta unha mostra do mellor cine que se realizaba coincidindo co nascimento da Asociación. O Sexto sentido, O clube da loita, A milla verde, Eyes wide shut e A lingua das bolboretas son as peliculas escollidas para este ciclo de asistencia gratuita no local social do Lar de Unta na rua Pescadería 3 de Betanzos.
O Sexto Sentido foi o filme-sensación de 1999 que dirixiu un xoven cineasta e guionista de 29 anos, M. Night Shyamalan, que deu a Bruce Willis o mellor papel da sua carreira e revelou un novo neno-prodíxio, Haley Joel Osment. Tratase dun drama psicolóxico construido como um thriller fantástico e sobrenatural de pura inquietude sobre as relacións entre um pscólogo infantil e un neno de 8 anos que parece sofrer de unha rara alucinación: consigue ver e falar cos mortos. Shyamalan conduce esta história perturbadora, inquietante e bizarra con unha fascinación case hipnótica, ao mesmo tempo que vai manipulando con admirábel precisión feitos, personaxes e emocións que só no final collen sentido na sua lóxica inicial, como se fose um espantoso jogo policial em busca de unha verdade totalmente enigmática. O Sexto Sentido é, pois, um filme sorprendente, onde ademáis de Bruce Willis e do xoven Haley Joel Osment conta tamén excelentes interpretacións de Toni Collette e Olivia Williams.
O sexto sentido (en inglés: The Sixth Sense) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.
Dende o momento da súa estrea, foi aclamado pola crítica, que fixo especial fincapé nas actuacións (especialmente de Osment e Willis), a súa atmosfera, e o seu sorprendente final. O filme foi o segundo en recadación de 1999 , conseguindo 293 millóns nos Estados Unidos e 379 millóns internacionalmente. Foi nomeado a 6 Premios Oscar, incluíndo a categoría de mellor filme.