“D.E.P: Destruír é o Plan” – documental en defensa da Sanidade Pública

DÍA 14/03/2024 — 19:30 h.

Organizado polo Cineclube Lar de Unta e dentro da programación de actividades da nosa Asociación procedemos a emitir o video “DEP: destruír é o Plan”.

O documental impulsado por SOS Sanidade Pública e que vén de estrearse fai unha radiografía da situación da sanidade na Galiza a través do relato dunha multiplicidade de voces, desde profesionais sanitarios a usuarios, pasando por xornalistas.
Destruír é o plan, o documental impulsado pola plataforma SOS Sanidade Pública e no que se testemuña o impacto sobre este servizo fundamental de 15 anos de políticas do partido popular na Xunta da Galiza.
Profesionais da sanidade, persoas expertas no tema sanitario, usuarias…. O documental  recolle unha pluralidade de voces para certificar o que está a pasar coa sanidade pública na Galiza. Unha situación que ten un unha das súas consecuencias máis graves en que “a mortalidade evitábel non xustificada pola epidemioloxía segue crecendo na Galiza”.

Entre as voces que fan parte deste documental figuran médicos como Iria Fernández, Alicia Barreiro ou Xoán Casas; políticos como Ana Pontón, Valentín González Formoso ou Montse Prado, usuarias, Xosé María Dios e Manuel Martín, voceiros de SOS Sanidade; e tamén xornalistas, entre elas a directora de Nós Diario, María Obelleiro.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad