Cineclube: “Eyes Wide Shut” de Kubrick

Mércores 24/04/2024 — 19:00 h

Local de Lar de Unta

Continuamos co ciclo de cinema polo 25 aniversario do Lar de Unta co último  filme de Stanley Kubrik “Eyes Wide Shut”, presentado en 1999, ano da morte do director.

Tras o mesmo celebraremos o habitual coloquio e lembraremos a figura do director, un dos posuidores dunha filmografía mais consistente da historia do cinema do século XX.

Eyes Wide Shut é un filme británico estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por  Stanley Kubrick (1928-1999). Baséase na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior. O doutor Harford comeza unha aventura nocturna, durante a cal se infiltra nunha orxía enmascarada levada a cabo por unha sociedade secreta sen nome.

Kubrick obtivo os dereitos da rodaxe de Traumnovelle na década de 1960, considerando o texto como perfecto para unha adaptación sobre as relacións sexuais. Reviviu o proxecto na década de 1990 cando contratou ao guionista Frederic Raphael para que o axudase na adaptación. O filme, que foi maioritariamente rodado no Reino Unido, conta cunha detallada recreación do exterior da rúa Greenwich Village, a cal foi desenvolvida en Pinewood Studios. A produción do filme, de 400 días, ten o récord Guinness do mundo como a máis longa rodaxe continua dun filme.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad