Xornadas Irmandinhas 2024: A Crónica Troiana

A Asociación Lar de Unta de Betanzos adica as IV Xornadas Irmandinhas que celebra cada ano antes da Feira Medieval á obra “Crónica Troiana”.

Está en galego e é obra de Fernán Martís, clérigo e capelán de Fernán Pérez de Andrade, que foi quen ordenou a súa feitura.

As xornadas celebraranse entre o 10 e 16 de xuño na súa primeira fase aínda que hai previsto algún acto de posta en valor da obra durante a celebración da XXV Feira Medieval de Betanzos. Consideramos dende a nosa asociación que feitos deste tipo son os que converterán á nosa Feira Medieval en algo único e promoverán a súa viabilidade a longo prazo.

Con esta celebración intentamos que Betanzos sexa consciente da xoia que representa esta parte do noso pasado ao tratarse dunha peza única.

A programación consitirá en diversas conferencias, actuacións musicais así como un roteiro polo Betanzos de Fernán Martís.

DATA Evento
11/06/2024

Martes

20:00 h

Conferencia de Xosé Ramón Pena “A crónica troiana e a prosa medieval galega”.

Moncho Pena é catedrático de literatura galego-portuguesa da UVIGO e especialista en literatura galega medieval e contemporánea. É natural de Infesta.

12/06/2024

Mércores

20:00 h

Concerto “Ondas de San Simón” acústico de Fran Amil no local Lar de Unta.

Fran Amil é músico e revisitará nesta actuación dende cantigas medievais ata poesías musicadas de grandes poetas galegos.

14/06/2024

Venres

19:30 h

“A Crónica troiana no solpor da literatura galega medieval”  por Xulio Pardo de Neyra nas Xornadas Irmandinhas.

Xulio Pardo é profesor de língua e literatura na UDC e historiador. Doutor por 4 universidades. Un dos escritores mais prolificos da literatura galega, con ducias de ensaios, novelas e poesia publicados.

15/06/2024

Sábado

19:30 h

Actuación da Agrupación Musical Carlos Seijo na Igrexa de Santa María (pendente de confirmación)

 

16/06/2024

Domingo

12:00 h

ROTEIRO POLO BETANZOS DE FERNÁN MARTÍS
16/06/2024

Domingo

13:00 h

Sesión Vermú (1 euro) no Local de Lar de Unta.
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad