A Asociación Lar de Unta celebra esta semana o seu XXV Aniversario con diversos actos.
21/09/24 XUNTANZA DE EMÉRITOS
O sábado 21 ás 12:00 celebraremos unha xuntanza de ex-presidentes de Lar de Unta no local da entidade que será retransmitida polas redes sociais da mesma.
Falaremos de como foi a evolución do Lar a través dos anos e como ven o futuro da entidade. Está confirmada a presenza de 5 dos 6 eméritos (un escusou a súa asistencia por motivos persoais) aínda que mandou unha forte aperta e unha noraboa a toda a Asociación.
25/09/2024 CINECLUBE: XORIMA
Presentación do filme XORIMA coa presenza da directora Sofía Naseiro o día 25 de setembro ás 20:00 horas.
O documental Xorima é o reencontro dos integrantes do grupo de folk galego Xorima despois de 40 anos e o retrato da súa influencia na xénese do universo do folk galego actual.
O documental, dirixido por Sofía Naseiro, gañou o premio á mellor curtametraxe da sección galega do IX Festival de Cine de Roca.
26/09/2024 PRESENTACIÓN O POXIGO Nº 11
O día 26 de setembro, xoves, ás 20:00 h presentaremos o número 11 da revista O Poxigo.
Trátase dun número especial da histórica revista do Lar de Unta editada a principio de século onde se fai un percorrido por feitos salientables da historia e da vida social da nosa entidade.
Contaremos coa presenza do presidente de Lar de Unta explicando a xénese do proxecto. Os socios que queiran xa poderán recoller o seu exemplar e tomaremos un pequeno refrixerio.
27/09/2024 CONCERTO DO XXV ANIVERSARIO
As 21:00 horas dará comezo o festival do XXV Aniversario do Lar de Unta
Nesta xornada de portas abertas contaremos coa actuación das Filophóbicas ás 21:00 horas, e do afamado grupo Lora-Hace-Pan ás 22:00 horas.
28/09/2024 XANTAR DO XXV ANIVERSARIO
O 28/09/2024 teremos o Xantar do XXV Aniversario. A xornada estará amenizada polo grupo de música tradicional ARNELA.
A continuación baixaremos cara o edificio do Matadeiro onde celebraremos o xantar ás 14:30 horas.