Cine Clube Lar de Unta: “Sempre Xonxa” . Día 19 de decembro ás 20:00 horas

MELLOR CINE GALEGO, EN BETANZOS CO LAR DE UNTA

Sempre Xonxa e un ciclo adicado a Oliver Laxe serán as propostas do Cine Clube LAR DE UNTA para decembro e xaneiro.

Cúmprense 30 anos da estrea de tres filmes icónicos, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos Piñeiro e Continental de Xabier Villaverde. As tres primeiras cintas comerciais galegas encadradas no chamado proxecto Cine Galicia. Para conmemorar ese fito, o Cine Clube LAR DE UNTA proxectará o 19 de decembro Sempre Xonxa coa introducción do cineasta Marcos Nine que participará tamén do coloquio posterior.

En xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e unha das súas curtas. As proxeccións serán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘Mimosas’, o 28 de Xaneiro no Lar de Unta ‘París#1’+ ‘O salvaxe leva o seu tempo’, o 30 de Xaneiro no Lar de Unta ‘Todos vós sodes capitáns’ e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘O que arde’.
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas e Todos vós sodes Capitáns ou Amador Arias, protagonista de O que arde que estará na proxección e o coloquio o día 31.

O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine galego de antes e de hoxe, os precursores e os mellores éxitos actuais de Oliver Laxe nun ciclo único en Galicia e todas as proxeccións gratuitas.

O Cine Clube LAR DE UNTA, que comenzou hai tres meses a actividade con un notábel éxito de público, tenta recuperar o espírito dos cine clubes dos anos 70 e 80 coa participación nas proxeccións de persoas responsábeis dos filmes, directores, productores, actores ou especialistas da temática da película tanto para a presentación como para os coloquios posteriores aos pases.En cada sesión aspersoas asistentes atopan nos asentos unha ficha técnica coa sinopse e os principais datos do filme. Até obde agora, a depredación urbanística, as músicas do mar e a memoria histórica foron as temáticas das proxeccións.

Desde Decembro e Xaneiro, o Cine Clube LAR DE UNTA dará un salto cualitativo para a súa consolidación en Betanzos coa proxección dunha das principais cintas da história do cine galego, Sempre Xonxa e co ambicioso ciclo adicado á obra de Oliver Laxe por vez primeira en Galiza.

A posta en marcha do Cine Alfonseti e o nacimento deste cine clube convirten a Betanzos nunha cidade de cine onde ámbalas propostas, a intitucional e a asociativa deben convivir e colaborar como o van a facer no ciclo de Oliver Laxe para beneficio d@s betanceir@s.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad