DÍA 19/10/2024 — 12:00 H
CONVERSAS NO LAR CON MERCEDES ROSENDE
Unha nova conversa paseniña con Mercedes Rosende, comerciante que marca un estilo propio coa súa tenda “El rastro de Merce”. Apostando sempre polo Casco Histórico e o comercio de Betanzos.
Faremos un recorrido pola súa vida como comerciante e a súa hitoria e implicación co comercio da nosa vila.
Falaremos sobre o pasado, presente e futuro do comercio en Betanzos, as novas tendencias e as ameazas e oportunidades que representa a venta online e a intelixencia artificial para este sector.
A actividade será aberta ao público e será retransmitida en directo polas redes sociais de Lar de Unta.