Marta Ansede asina libros do seu libro “La tercera orilla”

26 de outubro de 2024  —  13.30 h

Libraría Biblos / Local Lar de Unta

12:30 h. A escritora Marta Ansede presenta na LIBRARÍA BIBLOS o seu libro “La Tercera Orilla” ás 12.30 h. No acto do vindeiro sábado día 26 de outubro Marta Estévez estará acompañada polo profesor Constantino Chao.

13:30 h. Con posterioridade achegarase ao LOCAL DE LAR DE UNTA para asinar exemplares da súa obra.

Este acto é de acceso libre.

Logo do éxito de “El secreto de las hermanas Asorey”, a escritora galega Marta Estévez (Vigo, 1972), vencellada ás terras de Irixoa, presenta en Betanzos,  “La tercera orilla” (Plaza & Janés), unha saga familiar que abarca tres períodos diferentes e transcorre entre Galicia e Venezuela. Configúrase como unha novela de crecemento, coa emigración e o tráfico de drogas como panos de fondo, nunha Galicia –a dos anos 80– atravesada polos cambios políticos, sociais e culturais.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad