MÉRCORES 30710/2024 — 20.30 H
BUSCANDO Á SANTA COMPAÑA
Nesta ocasión, no noso cineclube teremos a proxección do documental de Fernando Cortizo, Buscando a Santa Compaña. Posteriormente celebraremos un colóquio coa presenza de Luis Angel Rodríguez Patiño, expárroco de Xestoso.
Unha longametraxe documental dirixida por Fernando Cortizo que ten como obxectivo recuperar, poñer en valor e dar difusión a unha figura emblemática da cultura galega: a Santa Compaña.
Neste filme, no que colabora o Concello de Narón, mestúranse entrevistas a testemuñas e visitas a expertos de diferentes ámbitos, ségueselle a pista a algún dos casos máis soados de aparicións, analízanse estrañas teorías e hipóteses,… e trataranse cuestións como: en que se basea esta lenda?, cal é a súa orixe?, que posibles hipóteses poden explicala?, por que non existe ningunha proba física e si existen centenares de testemuñas?, por que parece terse evaporado nas últimas décadas?… En definitiva, coñeceremos a historia desta lenda desde diversos prismas e sen descartar ningunha teoría, tratando de achegar luz á máis terrible e escura das lendas europeas, a través do formato road movie que nos vai situar entre o documental sociolóxico e o cine baseado na narración de historias fantásticas, unha innovadora maneira de achegar este fenómeno á xente nova.
LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO
Está matriculado en Traballo Social, a sua séptima carreira, tras Filosofía e Teoloxía, Dereito e Dereito Canónico, Criminoloxia Ciencias Políticas e tres anos de Medicina.
Quixo opositar a xuiz, pero un maxistrado do Opus Dei cruzouse no seu camino “outra vez” e u seu traballo sobre a homosexualidade nos seminarios diocesanos levantou ampollas. Nos seus 25 anos de párroco en Xestoso “con vocación de misioneiro”, Patiño se ten convertido no dinamizador social de unha aldea despoboada e envellecida, onde se sobrepuxo á desconfianza inicial hacia o novo cura “co el pelo longo e pinta de revolucionario cubano”. “Agora incluso os caciques do pobo están do meu lado”, presume.
Ao pouco de ordearse diácono, en 1981, o obispo mandouno a Cedeira. Acabou en Xestoso, un pequeño núcleo casi aislado onde o seu traballo silencioso comenzou a dar froitos “creando lazos entre a xente”. En 2000 fundou e legalizou o primeiro Consello de Ancians de España, impulso a Plataforma Pro Monfero e potenciou a cooperativa local para facer do grelo autóctono l
a bandera comercial do concello. Cada Semana Santa organiza unha gran tractorada e no Antroido abreu as portas da igrexa aos feligreses para oficiar a misa.
É propulsor e coordinador da Universidade Señor (Uned) en Xestoso e a Terra Chá.