Lar de Unta súmase ao Manifesto de Queremos Galego
A Asociación Lar de Unta tomou a decisión de sumarse ao manifesto da Plataforma Queremos Galego na que se solicita un cambio de rumbo na política lingüística do goberno galego para garantir un futuro para a nosa língua.
Dende a nosa fundación a Asociación ten como un dos seus obxectivos a defensa da cultura e a língua de Galicia. Neste intres no que os datos manifestan un retroceso no uso da nosa língua entre a poboación do pais, cremos que hai que facer unha reflexión colectiva e solicitar un cambio que posibilite a posibilidade de vivir en galego no noso pais dun xeito normal e que se tomen medidas para garantir o futuro do noso idioma.
O 17 de novembro haberá unha concentración en Santiago en apoio a este manifesto que xa asinaron mais de 1.700 asociación, colexios profesionais, colectivos e persoas, co lema un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva
PUNTOS MÍNIMOS
A Plataforma Queremos Galego solicita un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos:
1 Vixencia dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua aprobado por unanimidade en 2004.
2 Elaboración por parte da Xunta de Galiza, Estado e entidades locais, coa participación de entidades sociais, dun calendario de acción 2024-2027 para a aplicación e actualización de todas as medidas deste Plan, cos recursos necesarios (humanos, técnicos, económicos…) para levalo a cabo.
3 Este calendario contemplará a avaliación dos resultados das medidas unha vez aplicadas e as correccións que foren precisas.
MEDIDAS UXENTES
Ensino
• Derrogación do decreto 79/2010.
• Aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas.
• Garantía inmediata de oferta de materiais didácticos en todas as etapas do ensino.
Actividades comerciais e económicas
• Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos.
Cultura e lecer
• Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil adaptada a todos os dispositivos e potenciación da artes escénicas e musicais en galego e produción en galego; accións para que se cumpran os mínimos legais de presenza de galego na oferta radiofónica e audiovisual e se aumenten as cotas de dobraxe, lexendaxe, e financiamento
anticipado de produción independente.
• Afortalar o sistema literario e editorial. Uso do galego en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares.
Administración, servizos públicos, sanidade e xustiza
• Oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública, for autonómica, estatal ou municipal e incluíndo servizos privatizados dependentes da administración pública.
• Disposición de galego en programas informáticos, información, formularios, impresos e na atención en todas as súas formas.
• Coñecemento de galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.