13/11/2024 — 20:00 H
Hai 22 anos o petroleiro Prestige embarrancaba nas costas galegas enchendo todo o pais de chapapote. Este foi o inicio dunha mobilización de cidadanía indignada que aínda perdura hoxe na memoria popular.
Tras a película celebraremos o habitual coloquio co artista Pepe Galán, mebro da plataforma Burla Negra.
Outro mais’ trata sobre o que acontece nunha vila da costa galega, cando a marea negra do Prestige afecta ao seu medio de vida e ás relacións entre os veciños.
Este filme de 2011 dirixido por Ricardo Llovo, ten como principais interpretes a María Vázquez, Fran Peleteiro, Marta Larralde e Federico Pérez.