PRESENTACIÓN DO LIBRO O PRACER DA CHUVIA

Venres 22 ás 20:00 no

Lar de Unta Rúa Pescadería 3 Betanzos.

Coa presenza de Manuel Vázquez O autor da novela e coa actuación de danza de Marta Cuba.
Entrada libre ata completar aforo.

Resumo: “A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.
Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra;  Servando, aquel home listo, que ía por diante ; Eliseo, o seu avó, que morreu sendo el moi novo;  as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro; Pedro da Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enriba do lobo…
Pero tamén personaxes urbanos. É o caso de Celia, que facía a súa propia roupa e comía mazás con whisky, unha desas mulleres malas, que fumaba e quería ser independente, en palabras do autor; Ramona, nacida na Coruña e emigrante á Arxentina, onde coñeceu a Ricardo, outro emigrante de Pol; aquela muller de Lisboa, que lle dixo que ao escoitalo lle fixera lembrar as feiras de Óbidos; a mestra que por ter relacións cunha casada, foi estigmatizada e tivo que pedir traslado…” Extracto do prólogo de Xesús Trashorras.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad