Conversas no Lar con María Luisa Pérez

Día 21/12/2024  —  12:00 h.

Local de Lar de Unta

Retransmitido polo Facebook de Lar de Unta

Nesta ocasión as conversaremos no Lar de Unta coa presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, María Luisa Pérez Iglesias.

María Luisa rexenta a Parafarmacia Selgas, establecemento de longa tradición na nosa vila.

Con ela falaremos da problemática do presente e o futuro do comercio e a industria en Betanzos. Un ollar moi acaído nestas datas nas que intentaremos atopar xeitos de mellorar o noso comercio prantexanto propostas de primeira man da xente implicada nel.

O evento será retransmitido en directo pola canle de facebook de Lar de Unta e colgada posteriormente de xeito íntegro na nosa canle de youtube.

Lembramos que LAR DE UNTA colabora cos comerciantes do Casco Histórico nas súas actividades de Nadal.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad