Cineclube : Os vixiantes do Camiño

Dia 28/12/2024  — 11:30 h

Local de Lar de Unta

Dentro da programación do cineclube lar de Unta e en colaboración co colectivo de comerciantes do Casco Vello, vaise proxectar a película “Os Vixiantes do Camiño” con personaxes creados polo afamado debuxante Miguelanxo Prado.

Esta actividade enmárcase dentro do programa O Teu Nadal no Casco que se desenvolve durante todo o Nadal.

A entrada é libre ata completar aforo mais as invitacións deben recollerse nos comercios do Casco Vello.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad