DIA 22/12/2024 — 11:30 H
LOCAL DE LAR DE UNTA
Coa guía de Alfredo Erias Martínez, realizaremos un percorrido polas igrexas de Betanzos co título de “O Nadal nas Igrexas Góticas de Betanzos”. Unha visita obrigada nestas datas para afondar no coñecemento de varias das nosas xoias medievais.
O punto de encontro será ás 11:30 h no Local de Lar de Unta onde se realizará unha pequena introdución e de onde partiremos para a visita.
A entrada na igrexa de San Francisco será asumida por cada participante. Lembramos que a igrexa de Santa María atópase en obras.
Como colofón celebraremos un pequeno encontro no local para comentar o mais destacado da xornada tomando un vermú.
A entrada é libre.