Día 18/01/2025 — 13:30 horas
ENCONTRO E COLOQUIO COA AUTORA
Antía Yáñez acaba de publica o seu novo libro O Clube das Barbies. En atención á escritora celebraremos un encontro e coloquio coa autora nun ambiente distendido o sábado 18 no local de Lar de Unta.
Neste libro fálanos dun tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.
Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela en 1991 é unha escritora galega de formación enxeñeira de camiños, reside en Cecebre, onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.
En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras. En 2020 entrou na directiva da AELG. En 2024 publicou O clan das Barbies, que se converte así na súa sétima obra literaria.