FOTODERIVAS 2025: CURSO DE FOTOGRAFÍA

CURSO DE FOTOGRAFÍA – FOTODERIVAS 2025

DE FEBREIRO A XUÑO

Ao igual que o ano pasado a Asociación Lar de Unta organiza un novo taller para iniciarse e afondar no coñecemento da fotografía.

O taller desenvolverase un día ao mes entre o mes de febreiro e o mes de maio de 2025. Posteriormente realizarase unha pequena exposición co material acadado.

Para os socios de Lar de Unta é gratis e para os non socios é de 10 euros.

Apuntamento no mail lardeunta@lardeunta.org

PROGRAMA

Foto Derivas en Lar de Unta
Taller Fotografía 2025
Unha deriva fotográfica ou fotoderiva é unha práctica artística e exploratoria que combina elementos da fotografía co concepto de deriva  urbana.
Obxectivos
•Fomentar unha mirada crítica e creativa sobre a contorna
•Desafiar as percepcións habituais do espazo habitado
•Crear un rexistro visual único da experiencia do fotógrafo
•Redescubrir o patrimonio
Enfoque conceptual
•Procura do extraordinario no ordinario: Téntase revelar aspectos ocultos
ou ignorados do entorno a través da fotografía.
•Documentación subxectiva: As imaxes capturadas reflicten a experiencia
persoal e a interpretación do fotógrafo sobre o espazo habitado e o seu
re-descubrimento.
•Exploración da memoria:A Deriva fotográfica pode ser considerada como
un “camiño da memoria”, permitindo explorar o que está latente entre o
espazo e os obxectos cotiás.

Cada sesión das programadas incluirá unha saída fotográfica enmarcada no
concepto de foto-deriva e outra parte teórica ou técnica que se describen de
seguido:

SESIÓNS
1. Febreiro : Orixes e primeiras etapas da fotografía: autores imprescindibles. Recursos  compositivos.
Deriva 1: Zona a delimitar pola titora do taller segundo condición
climáticas.
2. Marzo : Os mestres da fotografía dos anos 40 a 60 do século XX. A correcta  exposición.
Deriva 2: A determinar pola titora do taller segundo condición climáticas.
3. Abril : Inicios do pos-modernismo (1963-1973): Novos enfoques conceptuais na fotografía artística. Modos de iluminación.
Deriva 3: A determinar pola titora do taller segundo condición climáticas.
4. Maio : Fotografía dixital: o cambio de paradigma. A escolla entre a cor ou o  branco e negro. Técnicas e autores contemporáneos: a chegada da IA.
Revelado e estilo fotográfico. Prantexamentos dos criterios da exposición
final no Lar de Unta.
Deriva 4: A determinar pola titora do taller segundo condición climáticas.
5. Inauguración da Exposición, por determinar a data

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad