Día 09 de febreiro de 2025 – Saída 09:30h
Aparcadoiro LIDL Betanzos
A Asociación Lar de Unta organiza unha andaina para coñecer as Fervenzas da Rexidoira no veciño concello de Oza-Cesuras. A dificultade da é baixa e está aberta a socios e non socios.
O punto de encontro será o aparcadoiro do centro comercial Lidl no barrio das Cascas en Betanzos, ás 09:30 horas do domingo día 9.
O desprazamento será en automobil particular procurando minorar o número de vehículos a utilizar.
Apuntamentos por wathsapp 622591032, mail a lardeunta@lardeunta.org ou comunicandoo a un membro da directiva da Asociación.
Os asistenten que o desexen poderán continuar tras o remate cara a feira de Curtis e incluso xantar nesa localidade.