Conversas no Lar: Emi Cagiao

Sábado 15/02/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Unha nova conversa no Lar de Unta con Emi Cagiao. O sábado 15 de febreiro as 12:00 horas no Local de Lar de Unta e retransmitido en directo polo Facebook da Asociación.

Posteriormente colgaremos a conversa no youtube de Lar de Unta.

Nos anos 60 do pasado século deixouse de celebrar o Entroido na localidade de Samede, aldea da parroquia de San Xulián de Vigo, no Concello de Paderne. Participaban figuras singulares como o Policarpio, os vixigueiros ou as máscaras.  Asimesmo, a danza da muiñeira cruzada era típica dese evento nese lugar.

Emi Cagiao foi unha das persoas que emprenderon a tarefa de recuperar este entroido que agora é un dos mais peculiares do pais.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad