Día 20/02/2025 — 20:00 h
Local de Lar de Unta
Este día 20 proxectaremos o documental “Mataría” na honra de Pedro Brandaríz.
Posteriormente contaremos coa presenza do director Javi Sega con quen celebraremos o habitual coloquio.
‘Mataría’ é unha microserie creada por Pedro Brandariz e Javier Seoane na que o protagonista, encarnado por Pedro, fantasea con matar a todos eses “repunantiños” que nos sacan de quicio. Por exemplo, “esa persoa que fai ruído mentres come, esa persoa que lles fala aos cans coma se fose un neno ou a que acaba o papel hixiénico e non o repón”.
ENLACE Á MICROSERIE: