Na última semana de xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Cine Clube Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e dúas das súas curtas. As proxeccións comenzarán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti con ‘Mimosas’, o 28 de Xaneiro no Lar de Unta ‘París#1’, da súa primeira etapa e ‘Salvaxe leva o seu tempo’ unha máis máis recentes rodada no Chanfaina Lab de San Sadurniño. O 30 de Xaneiro no Lar de Unta ‘Todos vós sodes capitáns’ e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘O que arde’.
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas o día 24 no Alfonsati, Manolo González, un dos promotores do Novo Cimema Galego estará o 28 no Lar de Unta e Todos vós sodes Capitáns, o día 31, contará co protagonista do filme Amador Arias.
O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine dun dos directores de maior éxito de Galiza, Oliver Laxe, con un ciclo único que repasa a súa traxectoria e no que todas as proxeccións serán gratuitas.
Nas proxeccións haberá coloquio dos convidados co público para adentarse de maneira directa no traballo criativo de Oliver Laxe.
—————————-
1. MIMOSAS
Sinopse
Unha caravana acompaña a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero a morte non espera e alcánzao mentres cruzan as escarpadas cumes do Atlas marroquí. Os caravaneros, temerosos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí. A esposa do Sheikh dubida, realmente coñecen o camiño?
Noutro mundo, paralelo e remoto, Shakib é escollido para viaxar ata as montañas onde se atopa a caravana. O seu labor é claro: ten que axudar aos improvisados caravaneros a chegar ao seu destino. Shakib tamén dúbida, é a súa primeira misión.
——————————–
2. SESIÓN CURTAMETRAXES: “PARIS#1” + “O SALVAXE LEVA O SEU TEMPO”.
París #1 (2008)
A curta pola que se empezou a falar de Óliver Laxe en Galicia (moitos lembran aquel visionario post de Martin Pawley titulado “Viva Óliver Laxe!”, que enxergaba en 2008 a chegada do Novo Cinema Galego) é a primeira que rodou no noso territorio. A pesar do seu título, París #1 sitúase fisicamente nos Ancares e é un caderno de viaxe á aldea da familia materna do cineasta. Estampas dunha visita no verán con amigos, coa familia, con veciños, animais, paisaxe e, xa daquela, helicópteros contraincendios. Perfecta para ver despois previamente a O que arde e seguir gozando da ollada de Laxe sobre a súa xente cercana, sabendo que é coa perspectiva dun fillo de emigrantes en París.
O salvaxe leva o seu tempo (2018)
Esta pequena xoia foi rodada en 2017 cando Óliver Laxe foi un dos cineastas convidados ao Chanfaina Lab, un encontro-residencia de creadores audiovisuais que durante unha fin de semana teñen que rodar unha peza no concello de San Sadurniño. Laxe chegou e filmou esta fermosa peza con Nadia Acimi e unha grea de cabalos salvaxes. Na sinopse que vemos na web cóntase a intrahistoria desta curta, que Laxe define así: “Facer unha película é querer domar o salvaxe, capturalo. Este nos atrae e estimula: un mundo salvaxe, unha vida salvaxe, un amor salvaxe… Esta película é un retrato de seres indomables”.
—————————–
3. Todos vós sodes capitáns (2010)
Datos e sinopse:
Coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, o director fixo entrar o cinema galego por primeira vez, e non última, no Festival de Cannes. Foi seleccionado na Quincena de Realizadores e aslí levou o premio Fipresci da crítica internacional. Unha fazaña histórica que permitiu que o filme puidese verse nalgunhas salas comerciais, na súa versión orixinal en árabe, francés e español con subtítulos en galego. Nela Óliver Laxe ponse diante da cámara para rodar a súa experiencia nun obradoiro con nenos que viven nun fogar de acollida de menores en Tánxer, Marrocos.
—————————-
4. O QUE ARDE de Oliver Laxe
CLAUSURA DO CICLO – DETALLES DO EVENTO
Presentación do filme O que arde de Óliver Laxe, con posterior charla coloquio co protagonista Amador Arias. Versión orixinal en galego. Entrada gratuita para todos os públicos até cometar aforo.
SINOPSE
Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
2019: Festival de Cannes: Un Certain Regard – Premio do xurado.