Presentación de libro “SPEECHWRITER” con Paulo Naseiro

DIA 26/03/2025 — 19:30 H

LOCAL DE LAR DE UNTA

O vindeiro día 26 teremos a presentación do libro de Paulo Naseiro “Speechwriter”.  Esta publicación de 2025 adéntranos nun mundo de ficción que nos fai reflexionar sobre o sentido da vida.

O propio autor estará con nós explicándonos detalles da súa obra e de cómo foi a xénese da mesma.

Sinopsis de SPEECHWRITER:

Ás veces é mellor estar calado. Unha tía miña, que todo o solucionaba con ditos e refráns, dicía algo así como “un é escravo do que di e dono do que cala”. Sempre me pareceu un sabio aforismo, e se cadra debería terlle feito caso nalgunhas ocasións, aquelas que, aínda que raras, contribuíron a dar bruscos cambios de sentido á miña vida.
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad