Día 30/03/2025 — 11:00 h
LOCAL DE LAR DE UNTA
O vindeiro domingo celebraremos a nosa Asemblea Anual. Esta asemblea será doble: a primeira terá o carácter de ordinaria (para tratar os temas destacados do ano e aprobar as contas anuais) e comezará ás 11.00 h da mañá en primeira convocatoria.
A segunda asemblea terá o carácter de extraordinaria e nela procederemos á escolla da nova directiva.
Facemos un chamamento á participación e en caso de non estar presente que transmitades á directiva actual os asuntos que estimades que se deben de tratar para poder consensualos entre todos nesta ocasión.