Día 12/04/2025 — 12:00 h
Local de Lar de Unta
Nesta ocasión conversaremos con Pedro Galilea, director da Fundación CIEC. Falaremos sobre o a presencia e importancia da Fundación en Betanzos, os seus fondos, sobre Jesús Núñez e o seu legado así como a súa visión para o futuro da mesma na nosa vila.
A Fundación CIEC realiza numerosas actividades e iniciativas entre as que destacan a formativa e a expositiva. A organización de cursos e talleres ao longo de todo o ano e a creación no 2003 do Máster da Obra Gráfica fálanos da importancia desta actividade así coma do número de profesoras/es, artistas e estudantes que teñen participado e o seguen facendo. A exhibición dos fondos da Colección, a realización de exposicións temporais, as visitas guiadas e as visitas didácticas para centros formativos e público en xeral, os talleres para nenas/os e a asistencia a feiras de arte contribúen notablemente ao mellor coñecemento e difusión da arte gráfica e das/os artistas. A isto hai que sumar as publicacións, edicións, conferencias, presentacións de libros, concertos e demás eventos que converten á Fundación CIEC nun referente da Gráfica contemporánea.
Dende 2006 recoñécese esta labor e a do seu Presidente coa creación do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez que convoca a Deputación da Coruña.