COMISIÓN DA FEIRA MEDIEVAL DO LAR DE UNTA

DIA 25/04/2025  — 20.00 h

REUNIÓN DA COMISIÓN DA FEIRA MEDIEVAL

Como todos os anos iniciamos o proceso para levar adiante a organización da Feira Medieval dentro da Asociación Lar de Unta.

O primeiro paso consiste na convocatoria da Comisión da Feira Medieval presidida polo responsable de Gastronomía da Asociación.

Por ilo, convocamos pola presenta a todos aqueles socios que queira formar parte da mesma á primeira reunión que terá lugar o día 25/04/2025 no local de Lar de Unta, na SALA DO LOCAL NOVO.

Os socios que non poidan asistir ese día pero estean interesados en formar parte da Comisión, deberán poñelo en contacto de calquera membro da directiva.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad