DÍA 09/05/2025 — 20:15 h.
AULA DE CULTURA XULIO CUNS
Co ánimo de contribuír tamén á divulgación de todo tipo de cultura contaremos o vindeiro día 09 de maio coa actuación do grupo canario PARRANDA LOS LABRADORES. Un rato agradable de música daquelas terras que tantos galegos acolleron.
Este conxunto é o grupo da Asociación Cultural homónima. Trátase dunha organización non lucrativa que ten o obxectivo de divulgar, promover, fomentar e organizar todo tipo de actividades culturais, musicais e folclóricas da cultura canaria en xeral.
Estando de xira por Galicia estamos encantados de acollelos na nosa vila.