Proxección: Vidas Irrenovables

DIA 14/05/2025  —  19:30 h

CINE ALFONSETTI

Organizado polo colectivo Aldea Libres de Macrorenovables e coa colaboración de Lar de Unta e outras asociacións de Betanzos, vaise proxectar o vindeiro día 14 de maio no Cine Alfonsetti o documental “Vidas Irrenovables” de Francisco J. Vaquero.

Posteriormente celebrarase un faladoiro dobre a replicación nas Mariñas Coruñesas dos casos de  implantación eólica que se comentan no documental. Contaremos para a ocasión coa presenza de Fernando Bandín, Monica Cea da Plataforma Ulloa Viva e Coral de Aldeas Libres de Macrorenovables.

Esperamos contribuir con este acto ao debate da implantación dunha transición xusta e inclusiva cara á enerxía sustentable.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad