Día 18/05/2025 — 11:00 h
Local de Lar de Unta
Seguindo mandato emanado da Asemblea Ordinaria, a directiva procede a convocar nova Asemblea Extraordinaria para tratar diversos puntos sobre o funcionamento da Asociación.
A xuntanza será ás 11.00 en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria.
Pregamos a todos os socios e socias que poidan asistir que estean presentes e a continuación realizaremos xornada de traballo no local.