DÍA 07/06/2025 — 18:00 H
LOCAL DE LAR DE UNTA
A Asociación Lar de Unta ten a ben organizar un novo Curso de Manipulador de Alimentos.
O curso será realizado online e posteriormente celebraremos xornada de dúbidas no local da Asociación con explicacións acaídas para a súa comprensión.
O prazo para inscribirse será ata o 25 de maio para os socios e ata o 31 de maio para non socios invitados. O curso poderá ser impartido para un máximo de 25 persoas e un mínimo de 10.
Custo para socios: 5 €
Custo para non socios: 9 €
MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS
Temario elaborado segundo RD 109/2010 . Certificado individual de acreditación solicitado polas autoridades sanitarias, válido para calquera actividade onde se manipulen alimentos. Horas de formación:
O obxectivo xeral deste curso é facilitar o coñecemento das normas de hixiene alimentaria no traballo cotián de todas aquelas persoas que pola súa actividade laboral teñan contacto directo ou indirecto cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, venda, subministro e servizo.
NORMATIVA E CERTIFICACIÓN
A partires do 26 de agosto de 2003, coa entrada en vigor do Decreto 290/2003, desaparece o documento “carné de manipulador” (emitido pola Consellería de Sanidade), pero non desaparece a necesidade e a obriga da formación e hixiene dos alimentos. Actualmente, expídese o certificado individual de acreditación, por parte da empresa ou dun centro de formación.
Segundo a normativa Europea e Nacional, nos Regulamento (CE) 852/2004 e 882/2004 e Real decreto 109/2010, do 5 de febreiro, e Nacional, tódolos/as manipuladores/as de alimentos teñen que posuír formación en Hixiene Alimentaria. Polo tanto, se existe contacto directo co alimento, tes que posuír dita formación.
Se obtiveches o carné antes do 2013, recoméndase a renovación do mesmo. As empresas teñen a obriga de asegurar a correcta formación dos seus traballadores. Para renovalo tes que seguir os mesmos pasos que se o obtiveras por primeira vez.
Este certificado é válido se na túa actividade laboral entras en contacto con produtos destinados á alimentación, sexa cal sexa a fase: preparación, transformación, elaboración, fabricación, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro e servizo.