Cineclube Especial Letras Galegas: Castelao e os Irmáns

Día 15/05/2025 — 19:30 h

Local de Lar de Unta

Con motivo das Letras Galegas e da celebración do Ano Castelao neste 2025, a Asociación Lar de Unta ten a ben proxectar o filme de Xan Leira, “Castelao e os Irmáns da Liberdade”.
Como sempre, celebraremos o coloquio contando nesta ocasión con Miguel R. Carnota, presidente a Asociación Roxín Roxal de Paderne.

Neste filme, a figura do pensador galego máis destacado do século XX serve de fío condutor para irmos coñecendo Galicia desde comezos de século ata 1951, ano da morte do líder galeguista. Mediante a voz de toda unha miríada de persoas que o coñeceron persoalmente vemos como era o Castelao real e como a súa figura era percibida polos seus coetáneos. A implicación de Castelao no galeguismo mediante as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista chéganos dos testemuños directos de Xaime Illa Couto, Antón Fraguas ou Francisco Fernández del Riego. Onda a figura persoal, coñecemos feitos históricos como o referéndum do Estatuto e a Guerra Civil. Gravación 1999-2001.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad