Día 18/05/2025 — 11:00 h.
Local de Lar de Unta
Conforme aos estatutos da nosa Asociación, o presidente, don Francisco Xabier Doporto Santos, convoca pola presente Asemblea Extraordinaria.
Esta terá lugar no local da Asociación , sita en rúa Pescadería nº 3, baixo, o vindeiro 18 de maio ás 11:00 h da mañá en primeira convocatoria, e as 11:30 h na segunda convocatoria.
A orde do día será:
Tema único:
– Colaboración dos socios na Feira Medieval.
– Rogos e preguntas.
En Betanzos, a 30 de abril do 2025.