A Asociación Lar de Unta celebra como todos os anos unha ampla programación polas Letras Galegas. A defensa e posta en valor da nosa língua é un dos obxectivos fundacionais da nosa Asociación e por iso realizamos unha serie de actos que contribúan á súa celebración.
DIA 15/05/2025 — 19:30 h.
LOCAL DE LAR DE UNTA – CINECLUBE
Proxección do filme “Castelao e os irmáns da liberdade”. Posteriormente celebraremos un coloquio coa presenza de Miguel Carnota, presidente da Asociación Roxín Roxál e autor do libro “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”.
DÍA 16/05/2025 — 19:00 h.
LOCAL DE LAR DE UNTA – VARIOS ACTOS
Celebrando as Letras Galegas de 2025 adicadas á Poesía Oral Popular, personificada nas Cantareiras do noso pais, Lar de Unta ten a ben colaborar coa asociación Zona Hadal de Betanzos e realizar unha xornada de Foliada e actos na Rúa Travesa de Betanzos.
19:00 h. Presentación da revista “VIVA PREMURA!”.
Editada pola Asociación Zona Hadal. A continuación da presentación falará X.L.Mosquera que comentará aspectos da mesma e do su artigo publicado nesa revista. O acto desenvolverase no local de Lar de Unta.
20:00 h. Foliada popular.
A cargo da Asociación EMBT de Coirós na Rúa Travesa esquina a Rúa Pescadería. Acceso libre.
21:30 h. Banquete polas letras.
Na Rúa Travesa esquina a Rúa Pescadería. E necesaria reserva. Recreación dun viño do país. O viño será por conta da organización e os participantes aportarán a comida que desexen.
Os actos que descorren na rúa trasladaranse ao interior do local de Lar de Unta en caso de que o tempo así o obrigue.
DÍA 17/05/2025 — 12:30 h.
LOCAL DE LAR DE UNTA – VERMÚ POLA LÍNGUA
Celebraremos o colofón no noso local co tradicional vermú pola língua no que lle daremos cancha á nosa língua tomando un pequeno petisco.
Lembramos que este día está convocada unha grande manifestación en defensa da nosa língua en Santiago de Compostela pola Plataforma Queremos Galego, onde está integrada a nosa Asociación.
O acto comezará ás 12.00 horas na Alameda de Santiago.