FOLIADA POLAS LETRAS GALEGAS

DÍA 16/05/2025  — 19:00 h.

LOCAL DE LAR DE UNTA

Celebrando as Letras Galegas de 2025 adicadas á Poesía Oral Popular, personificada nas Cantareiras  do noso pais, Lar de Unta ten a ben colaborar coa asociación Zona Hadal de Betanzos e realizar unha xornada de Foliada e actos na Rúa Travesa de Betanzos.

19:00 h. Presentación da revista “VIVA PREMURA!”.

Editada pola Asociación Zona Hadal. A continuación da presentación falará X.L.Mosquera que comentará aspectos da mesma e do su artigo publicado nesa revista. O acto desenvolverase no local de Lar de Unta.

20:00 h. Foliada popular.

A cargo da Asociación EMBT de Coirós na Rúa Travesa esquina a Rúa Pescadería. Acceso libre.

21:30 h. Banquete polas letras.

Na Rúa Travesa esquina a Rúa Pescadería. E necesaria reserva. Recreación dun viño do país. O viño será por conta da organización e os participantes aportarán a comida que desexen.

Os actos que descorren na rúa trasladaranse ao interior do local de Lar de Unta en caso de que o tempo así o obrigue.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad