Conferencia de Daniel Mena e as vellas casas de Betanzos

DIA 21/05/2025 — 20:00 h

LOCAL DE LAR DE UNTA

Daniel Mena Acevedo presentará a súa conferencia “As Casas de Betanzos dos séculos XV a XVIII”, relacionada coa exposición temporal homónima que abriu as súas portas no Museo das Mariñas. Con esta iniciativa o Museo continúa a innovar cunha xeira de exposicións temporais que enriquecerán a súa oferta museística.

Daniel Mena é doutor en Historia Moderna pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de diversos traballos sobre Historia Moderna, foi premio Domingo Fontán de Investigación Histórica en 2024.

Falará nesta ocasión sobre as casas de Betanzos nos séculos XV a XVIII como complemento da exposición que se está a realizar no Museo das Mariñas con este mesma casuística.

Contaremos coa presenza de Angel Arcay , director do BAM, que fará unha pequena presentación desta iniciativa de exposicións temporais no Museo das Mariñas.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad