DIA 07/06/2025 — 12:00 h
LOCAL DE LAR DE UNTA
Nesta ocasión o presidente da Asociación de Amigos do Casco Histórico, Juan M. Gómez, virá a falar con nós para comentar diversos aspectos da súa vida e do seu compromiso con Betanzos.
Juan M Gómez está vinculado ao asociacionismo cultural betanceiro. Durante o seu mandato como presidente da Asociación de Amigos do Casco Histórico, traballou activamente na protección do patrimonio urbano e na organización de actividades e campañas de sensibilización sobre a importancia da conservación do centro histórico.
A asociación é unha peza clave na loita contra a deterioración do casco vello de Betanzos, promovendo a rehabilitación de edificios emblemáticos e a valorización da súa identidade medieval. A entidade mantén colaboración co Concello de Betanzos e outras institucións e asociacións para preservar a riqueza arquitectónica e histórica da cidade.
