V XORNADAS IRMANDINHAS 2025: Joham Nunes Pardo de Cela

V XORNADAS IRMANDINHAS

A Asociación Lar de Unta de Betanzos organiza a V edición das Xornadas Irmandinhas, afixadas este ano a Joham Nunes Pardo de Cela. As Xornadas contarán con varios actos a próxima semana para dar contido e divulgación á historia medieval da cidade de Betanzos antes da Feira Franca Medieval.

Así, o domingo dia 15 ás 11:30 teremos unha visita guiada por Isidro Doporto aos sartegos da igrexa de San Francisco entre os cales se atopa o de Joham Nunes Pardo. A visita terá um custe de 2€. O punto de saída será o local de Lar de Unta.

O mércores 18 ás 20:00 a profesora da UDC María Luísa López Fernández terá no local do Lar de Unta, na rúa Pescadería 3, unha conferencia co título “O sartego de Joham Nunes de Andrade”.

O venres dia 20 ás 20:00 terá lugar a presentación do libro superventas
(5 edicións) “Gorriones y Halcones” coa sua autora Carmen Blanco Sanjurjo, arredor do convulso período medieval de Galiza e a importancia de Betanzos nese tempo.

Con esta edición seguimos a propor novas indagacións na nosa historia medieval que en anos anteriores adicamos a Maria Balteira e os tres xoglares betanceiros, Joham Branco o líder da segunda revolta irmandinha, o porto medieval de Betanzos e á primeira publicación en prosa en galego, a Crónica Troiana.

Johan Nunes Pardo de Cela e Aguiar

Nado arredor de 1390. Foi un dos cabaleiros máis principais de Betanzos, chegando a ser comendeiro do bispado de Mondoñedo

Casado con Dona Tareixa Rodríguez de Aguiar (1400–1461),  tiveron polo menos dous fillos e catro fillas. Sendo o seu segundo fillo o Mariscal Pedro Pardo de Cela (1425–1483), quen herdou todos os títulos do seu pai tras a morte do seu irmán primoxénico. A maiores foron pais de don Xohan Nunes Pardo de Cela “o mozo”, de dona Tareixa Rodríguez de Aguiar, de dona Violante Nunes de Cela, de dona Elvira Arias Pardo de Cela e de don Mayor Pardo de Cela. 

Xohan Nunes Pardo de Cela faleceu no ano 1434, non chegando a ver a morte do seu primoxénito en 1483 tras a represión das forzas casteláns que acabaron na decapitación do Mariscal Pedro Pardo de Cela en 1483 en Mondoñedo.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad