Conversas no Lar con Xabier Doporto e a Feira Medieval

DIA 05/07/2025 — 12:00 H

LOCAL DE LAR DE UNTA

A semana que vén entramos no mes da Feira Franca Medieval de Betanços, que celebra o seu 26 aniversario, o mesmo número de anos que a Asociación Lar de Unta, un clásico da Feira dende a súa primeira edición e un lugar imprescindible de visitar. Polo tanto, nada máis axeitado que unha conversa co presidente da Lar de Unta, Xabier Doporto, tamén un dos membros fundadores da asociación, con quen repasaremos a historia e as historias da Feira Franca e da Asociación Lar de Unta.

O sábado 5 de xuño ás 12:00 horas, haberá unha conversa presencial no Lar, situado na Pescadería 3, e tamén en directo por Facebook e despois na canle de YouTube da Lar de Unta.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad