Día 02/08/2025 — 12:00 h
Local de Lar de Unta
Nesta ocasión teremos con nós a Lucía Tenreiro. Herdeira dunha tradición xornalística, exporanos a súa visión de Betanzos, as súas tradicións e festas.
Xornalista por convicción e vocación, estudou na Facultade de Comunicación da Universidade Ponficia de Salamanca e incorporouse a El Ideal Gallego en 2003. Especializada en información metropolitana, compaxina o seguimiento da actualidade das comarcas de A Coruña e Betanzos con temas de Sanidade.
Natural de Betanzos e nativa do Casco Histórico, Lucía é unha grande namorada das suas tradicións e historia e pola sua profesión e desicación á actualidade local e comarcal, ten unha do le visión de Betanzos, a de unha cidadá máis e a visión dende fóra. Con ela falaremos nas Conversas do Lar o sábado 2 de Agosto ás 12:00 no local da asociación na rúa Pescadería 3 presencialmente, em directo polo Facebook do Lar de Unta e posteriormente no YouTube.
