DIA 8/11/2025 — 12:30 H
Local de Lar de Unta
O próximo día 8 de novembro, ás 12:30 horas, imos celebrar na Asociación Lar de Unta unha conferencia coa presenza de Carlos Solla, co título: “Betanzos, berce do rugby penitenciario español”.
A continuación, ás 13:30 horas, tomaremos un vermú para dialogar entre todos os presentes e que sirva de encontro de toda a xente relacionada de algún xeito co CLUB DE RUGBY DE BETANZOS.
Rememoraremos vellos tempos e visualizaremos algunha das fotos históricas do noso clube.
A xente que conte con fotos desa época e queira compartilas pode envialas por wathsapp ao 6220591032.
Pregamos a máxima difusión.
