Día 15/11/2025 — 12:30 h
Local de Lar de Unta
Nesta ocasión teremos con nós a dous referentes do noso país. Nunha xornada especialísima, teremos con nós ao polifacético artista Xurxo Souto, quen conversará co Padrón, xastre e persoeiro betanceiro coñecedor de toda a historia popular da nosa vila.
Neste encontro xurdirán historias da nosa vila, da música, anécdotas e vivencias de moitos anos pasados que nos farán lembrar bos tempos dun xeito agradable.
O evento será retransmitido polo facebook do Lar de Unta e posteriormente subirase á canle de youtube.
