Día 20/11/2025 — 20:00 h
LOCAL DE LAR DE UNTA
Nesta xornada temos con nós a Tino Chao, que nos falará de Antonio Machado no ano que se cumpren 150 aniversario do seu nacemento, coa conferencia titulada “A palabra no Tempo”. Faremos unha lembranza deste autor tan importante das letras españolas.
Tino Chao, mestre xubilado, é un dos especialistas galegos no Camiño de Santiago. A súa vida profesional transcorreu por diversos institutos de Galicia, estando asentado na actualidade en Betanzos de onde é natural.
