Conversas no Lar con Oscar Gilsanz

Día 29/11/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Nesta nova edición das Conversas no Lar teremos connosco a Oscar Gilsanz.

Dende a empresa familiar Transporte Gilsanz, levan 6 décadas adicados ao tranporte de viaxeiros por estrada. Este veciño de Betanzos foi entrenador do Deportivo da Coruña ata a tempada pasada, logrando afianzar ao equipo na segunda categoría do fútbol español.

Repasaremos relaxadamente con el a súa experiencia na dirección do equipo así como os novos retos persoais que se lle presentan.

Como sempre esta charla será retransmitida en directo a través da canle de facebook do Lar de Unta e posteriormente subida á nosa canle de youtube.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad