Conversa no Lar con Cosme Damián

Día 13/12/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Tras o aprazamento do mes pasado, retomamos a conversa con Cosme Damián.

Nesta nova edición das Conversas no Lar teremos connosco a Cosme Damián Romay. Este veciño de Requián  forma parte do Grupo Naturalista Hábitad.  Licenciado en bioloxía pola USC, ten o diploma de estudos avanzados pola UDC e estudos de doutoramento en taxonomía e bioxeografía de aves de Galiza.

Con Cosme teremos unha agradable conversa sobre o patrimonio natural betanceiro e do resto da contorna.

Como sempre esta charla será retransmitida en directo a través da canle de facebook do Lar de Unta e posteriormente subida á nosa canle de youtube.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad